Page Text: Axuda
Artigo destacado
A historia da moeda do Tíbet remóntase á Antigüidade, cando esta rexión asiática non realizaba aínda as súas propias cuñaxes . Utilizábanse ás veces moedas doutros territorios, aínda que o troco era unha práctica máis común, o ouro constituía un medio de intercambio e as cunchas e as doas de pedra utilizábanse para as transaccións máis pequenas.
A partir do século XVII comezou a utilizarse a moeda dun xeito máis extenso; tratábase de moedas de prata procedentes do Nepal . E entre 1763 e 1785 cuñáronse as primeiras moedas de prata tibetanas. Pouco despois, en 1792 , producíronse as primeiras emisións masivas, baixo a autoridade mixta tibetano- chinesa , con lendas en ambas as linguas , ata que en 1840 xurdiu a moeda xenuinamente tibetana, que se mantivo ata 1954 , coa única excepción de dous breves períodos de emisións sino-tibetanas .
En 1910 , o Goberno tibetano comezou a producir unha ampla variedade de moedas de prata e de cobre con diferentes valores faciais, e entre 1918 e 1921 só se cuñaron moedas de ouro. Pola súa banda, os primeiros billetes apareceron en 1913 .
Entre 1955 e 1959 non se cuñou moeda no Tíbet, aínda que se mantiña a impresión de billetes, e nese último todo o diñeiro foi substituído gradualmente polo iuan renmimbi , a moeda da República Popular da China .
Outros artigos destacados • Artigos de calidade
Sobre Galicia
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro . O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop . Así mesmo, busca salientar temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller, entre outros. O nome do grupo provén da toponimia , trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces , no concello de Riós . É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos ou teixugos .
Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de abril na cultura popular galega
Tal día coma hoxe no ano...